top of page
MEON.jpg

Suscríbete, é de balde!

Persoas Lúa e Mareas Vivas: Xornada de limpeza de praia na Pobra do Caramiñal con RedVital de Galicia

Somos moitos os que amamos a praia nesta época do ano.


Os mesmos que, cando chega o fervor do verán de masificación nos areais de Galicia, adoitamos a busca de praias máis agochadas e menos accesibles para gozar dun baño, ou simplemente do son das ondas rompendo na beira.


Pero é no outono, inverno ou primavera cando máis gozamos da cambiante paisaxe que ofrece o noso mar.


Pasear por praias practicamente solitarias. Gozar do son dos teus propios pasos. O da túa respiración, calmada. O da brisa e o mar. Observar os teus pés sobre a area húmida e… unha tapa de botella. Un plástico. Un cravo oxidado. Un par de cabichas. Un anaco de rede. Un euro!… aí si nos agachamos, verdade?


Pillabáns que sodes.


Grupo de voluntario caminan por la playa con sus sacos para recoger basura
Praya Paseo do Areal - Pobra do Caramiñal

Pero existen persoas como Izan, que non só se agachan polo euro, senón tamén polo resto do lixo que se acumula nas praias como as da Pobra do Caramiñal. Persoas ás que optei por chamar “Persoas Lúa”, pola súa estrana capacidade de iniciar mareas de xente, de limpeza, de accións…



Persoas Lúa e as Mareas Vivas


Son eses seres que entenden que o mundo non se limpa só. Nin a area, nin o aire, nin a conciencia.


Persoas que saltan á area e, coas súas propias mans, comezan a limpar. Día tras día, sen esperar nada a cambio. Con esa enerxía queda que termina por contaxiar. Primeiro a quen as observa con curiosidade, logo a quen decide acompañar. E así, pinga a pinga, un tras outro, ata que un día levantan a vista e descobren que xa non están sós.


Provocaron unha marea ao seu arredor.


Izan Voluntario conversando con uno de los pequeños voluntarios de la Asociación ScoutsTau
Izan Voluntario

Mareas vivas que contaxian, que arrastran entusiasmo, que fan que o imposible pareza tan sinxelo como poñer os guantes, coller unha bolsa… e empezar.


Quen menos esperas podería ser unha destas Persoas Lúa. Algún veciño que planta árbores no camiño, o rapaz que organiza unha limpeza no seu pobo, a muller que recolle a cabicha do chan aínda que non sexa súa.


Persoas que iluminan sen querer, e nos lembran que o cambio sempre empeza con alguén que se atreve a agacharse primeiro.


Limpeza de praia na Pobra do Caramiñal: areal máis limpo e comunidade máis viva


O pasado sábado, 8 de novembro, non foi só un grupo de persoas o que nos xuntamos para a limpeza de praia na Pobra do Caramiñal, foi unha marea imparable.


Unha marea iniciada apenas por dúas destas Persoas Lúa, Izan Voluntario e Beatriz Lema (Escola Galega de Benestar). As súas enerxías lograron o contaxio, non só impulsando a acción, senón axudando a poñernos os guantes.


O resultado? Unha impresionante lista de colectivos unidos na area da praia Paseo do Areal:


  • A asociación ScoutsTau de Santiago de Compostela (acompañados de familiares).

  • RedVital de Galicia (Bea Lema, Nelly Paz e Carlos L. Ríos).

  • Xandro (Marabaixo e a asociación Adega).

  • E a empresa Ecoplas (reciclaxe e transformación de residuos).


Xuntos logramos retirar máis de 150 kg de residuos. Pero sexamos sinceros, o verdadeiro tesouro desta xornada foi algo moito máis difícil de pesar. Conciencia, comunidade, compañeirismo e, o máis importante, a convicción de que o cambio non espera por ninguén, simplemente comeza.


E é que limpar unha praia non é só retirar lixo, é reconectar co lugar que habitamos. É dicirlle ao mar: “non te esquecemos”.


Voluntarios caminando por la playa con sus sacos llenos de basura
Voluntarios ScoutsTau

Rural e litoral de Galicia, dous corazóns dun mesmo corpo


No fondo, accións como esta lembran que o rural de Galicia e as costas galegas non son mundos separados, senón partes dun mesmo ecosistema vivo. A sustentabilidade non nace nos despachos nin nos hashtags, senón en días como este, onde a educación ambiental se mestura coa convivencia e coa acción.


Quizais ese sexa o segredo do rural galego, converter o cotián en aprendizaxe, e o voluntariado en acción.


A maxia de tecer comunidade. ¡Gracias además a todas aquellas personas y entidades que hicieron posible esta jornada!

Comments


bottom of page