
Puro Flamenco - Quito
FOTOGRAFÍA QUE
TRANSMITE e CONECTA
Cada imaxe ten unha historia, e encárgome de contala. Desde retratos íntimos ata paisaxes que deixan sen alento. As miñas fotografías capturan momentos únicos cun toque persoal que reflicte os valores da túa marca, a túa esencia ou as túas emocións.



RETRATOS | BOOKS
RETRATOS QUE AMOSAN A TÚA ESENCIA
Esquece as poses ríxidas. Aquí capturamos a túa personalidade tal cal é, con imaxes que falan por si soas. Perfecto para actores, artistas ou calquera que queira mostrarse ao mundo.

Restaurante Pim´s

Casa do Cruceiro

Eto
GASTRONOMÍA
IMAXES QUE ABREN O APETITO
Cada prato ten unha historia que contar, e o meu obxectivo é que o público a coma... coa vista primeiro. Realza a frescura, a textura e a presentación das túas creacións culinarias con fotografías irresistibles.



REPORTAXE SOCIAL
MOMENTOS QUE TRASCENDEN AO TEMPO
Cubro eventos cheos de emocións (sen vodas, iso é para valentes). As miñas imaxes capturan a autenticidade do momento, centrándose nas conexións humanas e nas emocións sinceras.
PRODUTO
IMAXES QUE VENDEN
O teu produto merece destacar, e as miñas fotografías están deseñadas para logralo. Cada detalle resáltase para que a túa marca brille e as túas clientas e clientes non poidan resistirse.

Noite Creative Home Hotel

Casa do Cruceiro

Cidade da Cultura
ARQUITECTURA
ESPAZOS QUE FALAN POR SÍ SOS
Desde estruturas maxestosas ata detalles únicos, as miñas fotografías capturan a personalidade de cada espazo. Perfecto para arquitectos, inmobiliarias e proxectos de deseño.



PAISAXE
A BELEZA DA NATUREZA EN CADA FOTOGRAFÍA
Inmortalizo escenarios naturais e urbanos, transmitindo a súa grandeza e serenidade. Perfecto para proxectos turísticos ou simplemente para apreciar o mundo desde outra perspectiva.



PET-FRIENDLY
A TÚA MASCOTA, COMO NUNCA ANTES
Cada mascota ten a súa personalidade única, e eu encárgome de reflectila en fotografías cheas de vida. Porque eles tamén merecen un álbum digno dunha estrela.

SESIÓNS QUE SE AXUSTAN A TI
O orzamento de cada proxecto é personalizado para adaptarse ás túas necesidades. A miña tarifa inicial é de 250€, aínda que para traballos máis sinxelos ou específicos podería axustarse.
Estás listo para inmortalizar os teus momentos especiais? Falemos das túas ideas e fagámolas realidade.




