top of page
ato.jpg

Ato

ARTE QUE CONTA HISTORIAS

 

As miñas esculturas non son só obxectos; son historias feitas a man que espertan emocións, arrincan sorrisos e, ás veces, incomodan (porque, sexamos sinceros, iso tamén é arte).

Cada peza é única, creada para reflectir o extraordinario que hai no cotián ou na túa imaxinación máis salvaxe. Desde figuras tenras ata as máis irreverentes, aquí a arte non busca agradar a todo o mundo, senón quedar contigo para sempre.

Xirafa Slash, realizada con técnica mixta, papel maché e tea
Obra en tea, a xirafa Manolito sentada no seu cabaliño de madeira co seu tirapedras no peto.
Xirafa Arcimboldo, realizada en técnica mixta con figuras de masapán, madeira e papel maché

XIRAFAS

 

XIRAFAS QUE NUNCA VERÁS NA SABANA

As miñas xirafas son o resultado de xogar coa xenética... artística, claro. Cada unha ten a súa propia personalidade, pero todas teñen algo en común: non deixan indiferente a ninguén.

Obra en tela reprensentado unha serea, adaptación de dibuxo infantil
Obra de dinosaurio en tela realizado a partir dun debuxo infantil
Obra en tela representando a Darth Vader

Eto

MUÑUCUS

DO PAPEL Á VIDA, GRAZAS AOS TEUS FILLOS

Os Muñucus son criaturas únicas baseadas nos debuxos das máis pequenas e dos máis pequenos. Dálle un lugar especial aos seus trazos, e eu convértoos en esculturas que te acompañarán sempre.

Obra adaptación e interpretación de ElCreadorDeNubes dun dos famosos elefantes de Dalí
Obra en tela que representa dous cabaliños de mar, José y María
Obra en técnica mixta que representa un moucho

INCLASIFICABLES

PEZAS QUE VAN AO SEU AIRE

Estas esculturas non se deixan encadrar. Non queren pertencer a ningunha categoría, e non lles gusta seguir regras. Perfectas para quen pensa fóra da caixa... ou nin sequera ten caixa.

Obra en tela que representa un monstruito de acompañamento emocional
Obra en tela que representa un monstruito de acompañamento emocional
Obra en tela que representa un monstruito de acompañamento emocional

MONSTRUITOS

COMPAÑEIROS PARA OS VALENTES

Os meus Monstruitos son pequenos aliados para eses días difíciles. Valentes de corazón, pero tenros por dentro, acompáñante nas túas pequenas batallas cotiás.

Obra en papel maché que representa a Ícaro espido
Obra en papel maché que representa á personaxe de O Corvo, espida
Obra en papel maché que representa a Charles Chaplin, espido

SERIE NUDE

A ESENCIA DO CORPO ESPIDO

 

Nesta serie, o corpo espido revela a humanidade que compartimos. Famosos ou non, todas e todos somos iguais cando deixamos de lado o superficial. Déixate sorprender pola honestidade destas pezas.

Obra realizada con calcetíns
Obra realizada con calcetíns
Obra realizada con calcetíns

RABUDIÑOS

TEIMUDEZ ENVOLTA EN TENRURA

 
 

Os Rabudiños están enfadados coa vida e consigo mesmos, pero no fondo son un cúmulo de tenrura. Perfectos para equilibrar as túas doses de amor e sarcasmo.

Libreta artística de anotacións das Wienner Voodoo Puppen
Dúas Wienner Voodoo Puppen sobre unha cama de botóns de diferentes cores, formas e tamaños
Wienner Voodoo Puppen sobre mesa de madeira

WIENNER VOODOO PUPPEN

LIBERA TENSIÓNS CON ESTILO

 

As Wienner Voodoo Puppen son perfectas para canalizar as túas frustracións de xeito catártico e creativo. Un boneco vudú... pero con clase.

Detalle das costas da obra Traposaurio.
Traposaurio, dinosauro realizado en técnica mixta, tea e porcelana fría
Traposaurio, dinosauro realizado en técnica mixta, tea e porcelana fría

TRAPOSAURIOS

CRIATURAS QUE ILUMINAN O TEU MUNDO

Os Traposaurios son pura alegría e cor. Estas criaturas únicas, cheas de detalles e personalidade, están deseñadas para alegrar calquera espazo e converterse en compañeiros inigualables. Se buscas algo especial que combine arte e diversión, os Traposaurios son a elección perfecta.

Tres Magnolios, caras en porcelana fría esculpidas sobre piñas de magnolio
Un Magnolio, cara en porcelana fría esculpida sobre piña de magnolio
Un Magnolio, cara en porcelana fría esculpida sobre piña de magnolio

MAGONOLIOS

A MAXIA DA NATUREZA FEITA ESCULTURA

 

Desde as raíces do imaxinario celta, os Magnolios xorden para traer maxia ao teu fogar. Cada peza está feita para conectar co máis profundo da túa creatividade.

CUERVO_4.jpg

ARTE A TÚA MEDIDA

Pór prezo á arte é algo subxectivo, pero sempre é útil contar cunha referencia. Ao longo dos meus anos como creador, realicei pezas desde 60€ ata outras que superaron os 1500€.

Para darche un orzamento propio, preciso coñecer a historia que desexas contar, definir os materiais ou a técnica a usar, así como o tamaño da obra e outros detalles importantes.

Que obra necesitas? Contáctame e falemos.

 
CONTACTO
bottom of page