
Expo Universal Aichí - Xapón
DAR VIDA ÁS TÚAS HISTORIAS, COMUNICAR EMOCIÓNS
Con máis de 30 anos de experiencia en todas as áreas da produción audiovisual. Desde guión, dirección e posprodución, ata animación e cámara. Hoxe céntrome en formatos áxiles e asesoría integral para proxectos.
O meu enfoque combina creatividade e técnica, desde o desenvolvemento do guión ata a edición final, ofrecendo solucións audiovisuais integrais que se aliñan cos teus obxectivos e estética, aproveitando a miña experiencia en deseño gráfico, web e fotografía.



DESENVOLVEMENTO DE FORMATOS, GUION, STORYTELLING
DESENVOLVEMENTO DE FORMATOS, GUION, STORYTELLING
Deseño e estruturo conceptos audiovisuais innovadores para televisión, cinema, transmedia e plataformas dixitais. Desde a creación da idea orixinal ata o desenvolvemento do guion. Aplico técnicas de storytelling para construír narrativas que enganchen e emocionen á audiencia.
ASESORÍA AUDIOVISUAL
FAI QUE O TEU PROXETO DESTAQUE
Tes unha idea pero non sabes como levala a cabo?
Ofrézoche asesoría personalizada para estruturar guions, afinar narrativas e mellorar a execución audiovisual. Xa sexa para curtametraxes, series ou vídeos corporativos, estarei contigo en cada paso.
FILMMAKER
DA CÁMARA Á PANTALLA
Ofrezo pequenas producións áxiles e completas para web e redes sociais, encargándome de todo o proceso: dirección, cámara, edición e posprodución. Todo o que necesitas para contar a túa historia, cun enfoque práctico e profesional.

CALIDADE AUDIOVISUAL AO TEU ALCANCE
Os meus prezos para servizos audiovisuais axústanse segundo o alcance do proxecto. Coñecendo as túas necesidades elaboro unha proposta que inclúe unha análise personalizada que optimice os recursos para obter o mellor resultado posible.







