top of page
_ECD1573.jpg

TERRITORIO CREATIVO,
INNOVACIÓN e SOSTIBILIDADE

 

Traballo en proxectos vinculados ao desenvolvemento rural, o turismo, a comunicación territorial e a innovación social.

 

Deseño e impulso iniciativas que conectan creatividade e estratexia para fortalecer comunidades, mellorar a comunicación de proxectos locais e xerar impacto real no entorno.

 

Desde Ecuador ata Galicia, a miña experiencia integra xestión turística, procesos sociais, deseño, audiovisual e planificación estratéxica aplicada ao territorio.

580866403_18412238470185281_3845909514689765281_n.jpg
2026-02-13 113336.png
2026-02-13 123538.png

RedVital de Galicia

RED VITAL - logo horizontal blanco monocromo.png

A REDE MÁIS SAUDABLE E SOSTIBLE DE GALICIA

Somos RedVital de Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro que traballa en rede para promover modelos rexenerativos e sostibles de benestar, baseados na alimentación responsable, na produción local e nas boas prácticas sociais, ambientais e culturais.

Creamos espazos de encontro, colaboración e apoio mutuo entre asociacións, colectivos e axentes do medio rural e urbano que traballan por un sistema alimentario máis xusto e sostible.

O noso enfoque combina coñecemento, innovación social e cooperación, entendendo o sistema alimentario como un eixo clave para a saúde das persoas, a economía local, a cohesión social e o equilibrio co entorno.

Rapaza coas mans na cabeza vendendo artesanía na Praia das Catedrais, Galicia
Muller abrigada camiñando ao atardecer nunha paisaxe galega
Mans tallando cepillos de madeira

GranRURAL

Logo GR gris Lema verde.png

PROMOCIÓN CREATIVA DO RURAL GALEGO

GranRURAL é un proxecto que fusiona tradición e creatividade para revitalizar o turismo no rural galego. Inspirado por anos de experiencia en deseño, gastronomía e audiovisual, GranRURAL céntrase en destacar a riqueza cultural e natural de Galicia.

O noso obxectivo é conectar as persoas visitantes coa autenticidade da nosa terra, promovendo actividades sostibles que respecten o entorno e poñan en valor a identidade galega. Desde rutas personalizadas ata a colaboración con produtoras e produtores locais, cada iniciativa busca fortalecer o tecido rural e ofrecer experiencias significativas.

GranRURAL non é só un proxecto turístico; é unha homenaxe ás nosas raíces e unha ponte entre o local e o global. Aquí, a historia, a natureza e a innovación entrelázanse para dar vida a un turismo consciente e transformador.

Xuntanza de propietarios de casas de turismo rural de Galicia en Lugar dos Devas
Patio traseiro de Casa da Laxa pertenecente aFEGATUR
Xuntanza gastronómica de propietarios de casas de turismo rural de Galicia en Casa Pousadoira

FEGATUR - GALICIA TURISMO RURAL

Logo FEGATUR 2024 blanco.png

TURISMO RURAL DE GALICIA, TODO O ANO!

 

En colaboración con FEGATUR (Galicia Turismo Rural), estamos a redefinir o turismo rural en Galicia, mantendo viva a tradición durante todo o ano. A nosa participación activa en comunicación e promoción axuda a conectar as persoas visitantes coa verdadeira esencia da cultura galega, centrándonos en potenciar as casas de turismo rural.

 

Dinamizamos o entorno rural para favorecer a desestacionalización, incentivando reservas durante todo o ano nas nosas casas de turismo rural. Ao potenciar o resto do rural, melloramos a oferta dispoñible e amosamos que cada estación ten algo único e especial que ofrecer.

 

Descubre e experimenta a autenticidade e a beleza de Galicia en calquera época.

MANOLITO-SALA-NOITE.jpg
_kopf-noite.jpg
DSC_0433.jpg

CUANDO SE VA LA LUZ

CSVLL NEGRO.png

TERRITORIO e INTERCULTURALIDADE

Ecuador, outubro de 2009

Cheguei a vivir a este país andino cando os cortes de luz por falta de choivas interrompen a vida cotiá da poboación durante 6 horas diarias ao longo de 3 meses. O descontento xeneralizado das persoas da cidade é visible. A maioría vivía nunha dependencia tecnolóxica á que se someteran.

Entre o aburrimento e a falta de recursos tan só queda unha opción: replantexarnos como individuos e cuestionar o noso estilo de vida.

Á luz dunha vela nace CUANDO SE VA LA LUZ, un proxecto intercultural de creatividade aplicada, comunicación e dirección artística en Quito, que deixou a súa pegada durante máis dunha década.

Ademais de servizos conceptuais, CSVLL deu vida a proxectos emblemáticos como Quito Creative City, Punto Q, Noite Creative Home Hotel, On Akademia, Kopf V2 ou o Gabinete de Curiosidades, entre outros.

 

 

planos.jpg
venture-yourself-into.jpg
Mesa de traballo 1.jpg

FUNDACIÓN VERDE MILENIO

logo verdemilenio blanco.png

URBANISMO COMUNITARIO e SOSTIBILIDADE

Entidade ecuatoriana, sen fins de lucro, integrada por un grupo de persoas respectuosas coa natureza e a cultura, que nos unimos para formar unha organización innovadora e diferente.

O seu traballo céntrase no apoio directo a diversas comunidades locais da costa, Amazonía e Illas Galápagos, proxectos nos cales participamos activamente desde Cuando se va la luz.

En diversas ocasións o noso labor foi recoñecido internacionalmente a través de concursos arquitectónicos, como dous (2) premios ASLA (American Society of Landscape Architects), un para o proxecto NAPO WILDLIFE CENTER e outro para proxectos realizados nas Illas Galápagos.

Tras varios anos de traballo desenvolvemos a nosa investigación na cidade de Quito. Como resultado destas colaboracións, elaborouse un completo informe urbanístico (puntoQ) sobre un barrio emblemático do Centro Histórico.

DSC_1301.jpg
_lcm_12.jpg
_DSC_6406.jpg

QUITO CREATIVE CITY

logo_qcc.png

INDUSTRIA CREATIVA INTERCULTURAL e PATRIMONIO

 

“CANTO MÁIS INTRODUZAMOS ÁS NOVAS XERACIÓNS [...] NAS DEMANDAS E NAS RECOMPENSAS DO MELLOR QUE A MELLOR XENTE PRODUCIU AO LONGO DE MOITOS SÉCULOS, MELLOR SERÁN AS SÚAS VIDAS E MELLOR SERÁ A SOCIEDADE.”


Nicholas Hytner

Quito Creative City® foi concibido no ano 2014 co obxectivo de activar programas educativos multiculturais, interdisciplinares, interxeracionais, patrimoniais e dixitais asociados ás industrias creativas.

Breve resumo dos capítulos realizados:

Ano 2015 - Participación e exposición do experto en novas tecnoloxías Servando Barreiro – MINITRONICS como convidado especial, realizado no auditorio do Xardín Botánico de Quito.

Ano 2016 - Intervención performática na Asociación Humboldt - Goethe Institut do filósofo Patricio Rivas, Agregado Cultural da Embaixada de Chile; a psicoanalista Anabella Castelleti pola Embaixada de Arxentina, a arquitecta paisaxista nipo-brasileira Katia Kumagai, o comunicador venezolano Mauricio Izquierdo por Telesur Inglés, a bailaora peruana Natalia Velarde por Puro Flamenco, a experta en percepción da imaxe María José Castro franco-ecuatoriana por María Porqué, a produtora ecuatoriana Andrea Mora, os artistas quiteños Salvador Kingman, Mauro de la Cueva, o luthier Hugo Chiliquinga Jr. e o co-director do encontro, o español Carlos L. Ríos por ECDN.

Ano 2017 - Cooperación con France Volontaires na aplicación de formatos creativos aplicados ao voluntariado, presentada nas instalacións da Alianza Francesa de Quito coa presenza do Embaixador de Francia en Ecuador Jean-Baptiste Chauvin.

 

 

Colaboradores Qcc.jpg
IMG_5278.jpg
IMG_5324.jpg
IMG_5431.jpg

PUNTO Q

logo_puntoQ.png

DIÁLOGO URBANÍSTICO ENTRE O PÚBLICO e O PRIVADO

“CANDO UN ESTÁ SOÑANDO SÓ, É SÓ UN SOÑO. CANDO MOITOS SOÑAN XUNTOS, É O PRINCIPIO DUNHA NOVA REALIDADE.”

Friedensreich Hundertwasser

[.Q] é un plan innovador que permite a profesionais de distintas disciplinas cooperar nun espazo común, fomentando a través do diálogo novas relacións entre o público e o privado, a investigación e a acción.

[.Q] iniciou a súa operación sobre o barrio Manuel Larrea, unha entrada que une o centro histórico de Quito coa parte moderna da cidade. Os temas de rexeneración e recuperación de estruturas arquitectónicas nun sentido ecosostible son o obxectivo desta acción que require a creación de redes comunitarias para converterse nun exemplo de calidade de vida no medio da gran urbe.

logo verdemilenio blanco.png
UNL-transparent.gif
Municipio_Quito_2014.svg.png
Figura de trapo que representa unha xirafa vestida cun peto, sentada nunha gaiola de paxaro que colga do teito.
Habitación de Noite Creative Home Hotel, a medio pintar de negro coa mensaxe Not art, black paint run out
_HAMACA.jpg

NOITE CREATIVE HOME HOTEL

LOGO NOITE GUEST ROOM.png

PRIMEIRO HOTEL CREATIVO DE ECUADOR

“A THEMED HOTEL IS THE IDEAL SOLUTION FOR TRAVELERS WHO WANT SOMETHING DIFFERENT FROM THE USUAL ACCOMODATION OF A HOTEL CHAIN.”


Santi Triviño - Montsa

Transformamos unha casa no primeiro hotel creativo de Ecuador, alcanzando o nº2 en Tripadvisor grazas ao seu deseño innovador e ao seu concepto distintivo. Tanto as paredes como os espazos estaban decorados coa nosa arte. Figuras, pinturas e instalacións que convertían cada recuncho nunha experiencia visual e sensorial diferente.

En "Noite" impartíamos obradoiros creativos e artísticos, promovendo a participación activa dos nosos hóspedes no proceso de creación. Durante varios anos, este hotel tamén foi a sede do noso proxecto "Cuando se va la luz", un espazo onde a creatividade era unha hóspede máis.

 

 

Barra da crepería Sel et Lumiere de Quito, Ecuador

Aldeas Modelo

Plato con migallas de crepe, un coitelo e un garfo
Respaldo de cadeira amarela e tres cadros, decoración da crepería Sel et Lumiere de Quito

SEL ET LUMIERE

SELsinfondo blanco.png

GASTRONOMÍA e CREATIVIDADE CAMIÑANDO DA MAN

Sel et Lumiere foi moito máis ca unha crepería en Quito; foi un espazo onde a gastronomía se mesturaba coa creatividade en todas as súas formas.

Como elcreadordenubes colaboraba desde a elaboración dos xeados e marmeladas ata as fotografías e deseños gráficos das cartas e promocións. De cando en vez tamén detrás da barra preparando as crepes ou algún que outro café.

O espazo converteuse nun punto de encontro creativo, impartindo obradoiros e experimentando con novas propostas gastronómicas e visuais. Sel et Lumiere era un lugar onde a imaxinación se servía en cada prato e en cada recuncho.

_01_disenologos.jpg

ACTIVAMOS PROXECTOS VINCULADOS AO TERRITORIO

Se tes un proxecto relacionado coa cultura local, o turismo rural, a participación comunitaria ou a produción local, podemos estruturalo desde unha visión integral.

 

Cada iniciativa require un enfoque propio. Escríbeme e analizamos como desenvolvelo cunha base sólida e visión a medio prazo.

bottom of page