top of page
MEON.jpg

Suscríbete, é de balde!

Onde se garda a memoria rural? O patrimonio que vive nas persoas

Es curioso cómo uno acaba advirtiendo ciertos patrones en los que no se había fijado durante años.


É curioso como un acaba advertindo certos patróns nos que non se fixara durante anos. Estás un día sentado na terraza dun bar, tomando algo sen pensar en nada en particular, e de súpeto caes na conta dun detalle aparentemente absurdo. As fotografías que levan décadas gardadas nunha caixa de cartón e os manteles de liño cru con encaixe que bordou a bisavoa adoitan aparecer da man nas mesmas ocasións. O Nadal, un xantar familiar ou, sobre todo, cando algún membro da familia ten a osadía de presentar oficialmente a súa nova parella.


O ritual sempre é o mesmo. Estás a por o mantel de diario e, desde algún punto indeterminado da casa, unha voz sentenza: «Ese non. O outro. O bo». Non discutes. O mantel volve ao caixón e sae o das grandes ocasións. O de liño cru con encaixe feito a man. Séguelle a vaixela á que hai que pasarlle un auga para quitar o po que acumulou exposta na vitrina do comedor.


Despois do xantar chega o segundo acto. Despéxase a mesa, alguén desaparece uns minutos e regresa coa vella caixa de cartón. Dentro, decenas de fotografías que levan tempo agardando pacientemente o momento de volver saír.


Ao principio todo consiste en buscar a imaxe máis comprometida do fillo, a neta ou o sobriño de quenda. O obxectivo evidente é provocar o rubor do devandito diante da nova incorporación familiar. E case sempre funciona.



fotos antiguas extendidas sobre una colcha sobre la que está una caja de cartón con más fotos en su interior.
O suplicio

Pero, mentres todos rin, ocorre algo moito máis interesante.


Alguén comeza a sinalar nas fotografías a persoas que ninguén máis sabe identificar. Explica quen era aquel home que sempre levaba boina, por que unha fotografía se fixo diante dun carro e non doutro, quen construíu aquela casa ou por que ese día había tanta xente reunida diante da eira.


Sen darche conta, a conversa deixa de xirar arredor das fotografías e comeza a xirar en torno a memoria do territorio.


O problema é que case nunca somos conscientes do que está a ocorrer. Estamos demasiado ocupados ríndonos daquel peiteado imposible ou desexando que pasen rápido as fotos nas que saímos de pequenos.


Mentres tanto, deixamos escapar o máis valioso. As explicacións. Os nomes. As anécdotas. O contexto que converte unha simple imaxe nun fragmento da nosa historia.


O patrimonio inmaterial que non vén nos libros de historia


Aquelas sobremesas, que adoitan repetirse en miles de casas, agochan unha realidade moito máis profunda. Durante séculos, boa parte do coñecemento do mundo rural nunca pasou por un libro. Transmitíase oralmente dunha persoa a outra. Mentres se traballaba, mentres se cociñaba, mentres se camiñaba cara a una finca ou mentres se ensinaba unha caixa de fotografías familiares.


Por iso tendemos a non estar de todo certos cando falamos de patrimonio. Pensamos en igrexas, castros, pazos ou muíños porque son visibles e relativamente fáciles de conservar. Con todo, existe outro patrimonio moito máis fráxil. O que depende exclusivamente da memoria das persoas.


A UNESCO denomínao patrimonio cultural inmaterial  e engloba precisamente ese conxunto de coñecementos, técnicas, tradicións orais e formas de vida que se transmiten de xeración en xeración. Non son obxectos. Son explicacións. Son maneiras de facer as cousas. Son palabras, receitas, cancións, ferramentas, oficios e costumes que só seguen existindo porque alguén aínda as lembra.


Cando a arqueoloxía interpreta e a memoria cala 


Hai algún tempo, David Zea, arqueólogo e tío do meu anano, contábame que moitas das pezas que hoxe contemplamos nos museos chegan ata nós desprovistas do seu contexto.


Os arqueólogos poden estudar a súa forma, os materiais cos que foron fabricadas, comparalas con outras similares e formular hipóteses moi fundamentadas sobre a súa función. Pero, en moitos casos, nunca poderán saber con absoluta certeza como se utilizaban, que significado tiñan para quen as empregaba ou que lugar ocupaban na súa vida cotiá.


David Zea, arqueólogo, examinando obsidianas en casa museo cerca de Zuleta (Ecuador)
David Zea na casa museo de Zuleta - Ecuador

E é que a arqueoloxía interpreta cando a memoria xa non pode responder.


Quizais dentro de douscentos anos ocorra algo parecido connosco. Alguén atopará unha fotografía, unha ferramenta, una libreta de contas ou unha receita escrita a man e intentará reconstruír a historia que había detrás.


A diferenza é que nós aínda estamos a tempo de deixar algo que ningunha escavación poderá descubrir por si soa. O contexto. Saber quen aparece nunha fotografía, por que se tomou, como se utilizaba unha ferramenta ou que significaba un costume concreto pode parecer un detalle menor hoxe. Dentro dun século será unha fonte de coñecemento moi importante.


Quizais por iso unha fotografía nunca foi unicamente unha fotografía.


O mesmo ocorre cunha ferramenta esquecida no faiado, un caderno de contas ou unha receita escrita a medias. O obxecto permanece. O difícil é conservar a historia que lle dá sentido.


¡Que paradoxo!. Nunca fixeramos tantas fotografías nin tiveramos tantas posibilidades de rexistrar o noso día a día e con todo, boa parte da memoria de hai apenas cincuenta ou sesenta anos segue dependendo dunha conversa que aínda non tivemos cos nosos pais ou cos nosos avós.


E esa conversa ten data de caducidade.


Fotografías antiguas sobre mantel de lino con puntilla
Fotografías familiares

Non falamos só de nostalxia. Falamos de coñecemento. De entender como se organizaba unha comunidade para levantar unha casa, como funcionaban determinados traballos colectivos, que variedades se cultivaban, que palabras empregaba cada territorio ou por que determinados xestos formaban parte da vida cotiá.


Proxectos para recuperar e conservar a memoria do mundo rural


Nos últimos anos xurdiron numerosas iniciativas para recuperar esa memoria. Arquivos fotográficos, asociacións culturais, proxectos audiovisuais ou bancos de testemuños están demostrando que existe un interese crecente por documentar aquilo que ata hai pouco parecía demasiado cotián para ter valor histórico.


É unha boa noticia. Pero tamén nos lembra que a maior parte dese patrimonio segue estando onde sempre estivo, nas casas e na memoria de quen aínda pode contalo.


Quizais o maior arquivo sobre o mundo rural non estea nunha universidade nin nun museo. Quizais siga repartido entre miles de fogares. Nunha caixa de fotografías, nun caixón cheo de cartas, nun faiado onde aínda se conserva unha ferramenta cuxo nome case ninguén lembra ou nunha conversa que levamos anos pospoñendo.


Porque a memoria rural no desaparece cando se perde unha fotografía.

Desaparece cando xa non queda ninguén que poida contar a historia que había detrás.


Carlos L. Ríos

elcreadordenubes


 
 
 

Comments


bottom of page